Toda a mañá dándolle voltas á calibración do wii e á situación da pantalla. Finalmente optei por proxectar sobre o encerado analóxico. Ó reducir o tamaño da pantalla de proxección (antes era a parede), acadei unha boa conexión e puiden utilizar o punteiro sen problema. Activei o desktop do software da Smart Board e conseguín debuxar e escribir. Deixeino todo en pausa e unha hora despois xa non funcionaba. Daquela utilizamos o encerado analóxico como encerado dixital, algo interactivo a golpe de rato e bastante máis a través do profesor. Realmente soluciona moito o do encerado analóxico-dixital porque @s alumn@s resolven as actividades dixitais proxectadas enchendo os ocos co xiz, eu corrixo e @s alumn@s tamén. Borramos, seguimos as explicacións dixitais, e así sucesivamente. Non está nada mal esta combinación. Bueno, seguirei investigando a calibración, pero de momento resulta moi efectivo o sistema. ¿Serendipia? Agora temos un encerado analóxico-dixital interactivo.
Like this:
Gústame Cargando...