Twiducate e blog de aula

Con máis que suficientes recursos educativos publicados neste blog, especialmente en relación ao número de miniportátiles de que dispón o meu alumnado de 5º de Primaria (ata o de agora ningún), estamos a experimentar novos camiños 2.0 na nosa actividade escolar.

Establecín un Twiducate para a comunicación e confección de traballos de aula. Resulta moi útil e permitiu que @s alumn@s aprendesen axiña o funcionamento básico dun escritorio tipo blog. Xa saben usar as rutas de enlaces e de imaxes, a utilidade das pestanas de Firefox para non perdérense. Traballan colaborativamente e procurando coidar a ortografía coma nunca antes nos catro PC de 11 anos de antigüidade que temos na aula, e individualmente dende as súas casas quen teñen internet ou na biblioteca do centro cando poden.

twiducate

En Twiducate traballamos as noticias, o día da paz con cancións e premios Nobel, respostas para unha lectura comprensiva referida ao seu disfrace de antroido… Sendo un espazo privado, resulta moi cómodo para unha comunicación e publicación interactiva que non require de excesivos coidados, permitindo un traballo de clase para a propia clase.

No blog de aula publicamos a través de dúas contas: a de administrador, xestionada por min, e a do alumnado, común a tod@s. Isto debe ser así porque @s alumn@s non dispoñen de conta de correo e tiven que crear unha en Educared para todo o grupo coa finalidade de darlles de alta como autores/as no blog.

blog_de_aula

E así seguiremos ata que cheguen os miniportátiles… Despois, a nosa aula estará integrada na escola 2.0.

Advertisements
Publicado en Xeral. Etiquetas: . 2 Comments »

2 Respostas to “Twiducate e blog de aula”

  1. Certamen Internacional EducaRed Says:

    Parabéns polo blog!

    Como vemos que estades interesados no uso pedagóxico das TIC, gustaríanos invitarvos a participar no Certamen Internacional EducaRed.

    Máis información en: http://www.educared.org/certameninternacional

    Oficina del Certamen Internacional EducaRed
    Correo electrónico: certamen@educared.org
    Teléfono: 902.905.144
    +34.981.975.621

    • Alberto Armada Says:

      Moitas grazas!

      O noso interese polas TIC educativas xa vén de longo. Pasaron anos sen podelas aplicar na aula por falta de ordenadores. Agora estabamos a piques de conseguilos co plan Escuela 2.0, pero a última hora as promesas da Xunta de Galicia transformáronse nun aprazamento de polo menos dous anos.
      Sen ordenadores na aula resulta moi complicado facer un traballo decente.
      Cando teñamos acceso á igualdade de oportunidades para o uso das TIC, estaremos encantados de participar nas vosas estupendas iniciativas.
      Saúdos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: