Blog Maneiro

Dende o blogue Na lingua de tod@s, do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI don Aurelio de Cuntis chégame como agasallo a consideración de blog Maneiro para este.

Estoulles moi agradecido pola nominación e, como non, polo seu traballo a prol da lingua galega.

Para cumprir coas directrices do premio cómpre seguir estes pequenos pasos:

– Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.

1283-60936-a-maneiro

– Exhibir o nome do blog que concedeu o premio.
– Indicar outros 10 blogs propostos para seren maneiros.
– Comunicar o premio aos blogs seleccionados.
– Publicar as regras.
– Comprobar que os blogs premiados seguen as normas.

E agora concédolle o premio de blog Maneiro aos seguintes:

Museo Ferro Couselo

Caderno de Lingua

Caladiños

Clube lector As Campaíñas

A nosa biblioteca

Ediga

Ensino lgl

Na punta da lingua

Remexer na lingua

Música na escola

Advertisements
Publicado en Xeral. Etiquetas: . 6 Comments »

6 Respostas to “Blog Maneiro”

  1. Eladio Says:

    Pero a ti que che pasa hoxe? Non paras de dar premios. Vou pensar que non os merezo.

  2. Alberto Armada Says:

    Este estaba pendente dende hai dúas semanas.
    E xa que empecei…
    Podes estar seguro de que se non os mereceses non os levabas.

  3. romanlandin Says:

    Seica “maneiro” vén sendo pola banda de Brasil algo así como os nosos “xeitoso” e “feituquiño”, palabras tan “riquiñas” que che me “aquelan” moito. Aquelado quedo, Alberto, polo teu agasallo.

    Román

  4. Susana Says:

    Ola : Acabamos d eengadirte conmo blog amigo no blog guía do proxecto escolas climántica
    http://primaria.climantica.org
    http://blogguia.climantica.org/
    Unha aperta e parabéns polo teu traballo

  5. Xano Says:

    Fico ben agradecido, Alberto, de verdade, por este saúdo maneiro ao blogue no que seguimos, con máis calma, dando paus de cego.
    Parabéns a ti por ese recoñecemento como finalista no Premio Espiral.
    Unha aperta.

  6. Manuel Vázquez Says:

    Aínda que cun “chisquiño” de retraso, Alberto, moitas grazas por terse lembrado deste pequeno traballo con este premio maneiro.
    Noraboa, unha vez máis, polo teu enorme traballo e grande dedicación a este recurso tan útil para todos.
    Un saúdo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: